Grupo de amigos en galicia

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Grupo de amigos en galicia

Hacemos de la amistad nuestro estilo de vida!


2 participantes

    Rutas culturais curso 09/10

    Wendel
    Wendel
    moderador
    moderador


    Cantidad de envíos : 714
    Reputación : 4
    Fecha de inscripción : 29/04/2009
    Edad : 37

    Rutas culturais curso 09/10 Empty Rutas culturais curso 09/10

    Mensaje por Wendel Vie Ene 22, 2010 12:31 am

    RUTAS CULTURAIS 2009-2010 [30/01/2010]

    Ruta da Serra do Xurés, o día 30 de xaneiro
    ¿Que é Rutas Culturais? É o programa do Servizo de Deportes para todas as persoas interesadas no sendeirismo e o descubrimento do entorno histórico e natural de Galicia.

    O programa, que comezou a finais do mes de outubro, inclúe 11 saídas que se realizarán ao longo do curso (sempre na fin de semana), e debido ao ano Xacobeo 2010 realizarase tamén o camiño de Santiago dende Ourense (3 xornadas pola Vía da Prata).

    Ata o momento, decenas de persoas participaron nas catro primeiras rutas do programa: a das Termas, os Muíños do río Lonia, a ruta Currosiana e a do río Barbantiño.

    A seguinte ruta que inclúe o programa é a de Santa Mariña de Augas Santas, unha ruta que non se tiña realizado en anos anteriores e para a que se completaron tódalas prazas.

    As persoas que queiran participar desta experiencia poden inscribirse para a sexta ruta do programa, a da Serra do Xurés, que terá lugar o sábado 30 de xaneiro. É unha das rutas máis intensas do programa, con 27 quilómetros de percorrido. O itinerario comeza en A Cela, transcorre por Alvite, Salgueiros, Gandaracha e o Alto do Pisco e remata en Requiás. Ademais esta ruta inclúe unha visita ao Centro de Interpretación do Parque Baixa Limia Serra do Xurés, situado no Concello de Lobios, que ofrece aos visitantes a oportunidade de coñecer o Parque a través de imaxes, sons e olores.

    Para os participantes que acudan desde Vigo ou Pontevedra ponse a disposición un autocar que realiza a súa saída ás 07:30 horas de Cafetín (Alameda, Pontevedra) e pasará ás 08:00 horas polo Antigo Reitorado (Rúa Areal, Vigo).

    Ademais, este ano o programa vén cheo de agasallos para os participantes: Guías das Rutas Culturais, sorteos de dúas prazas gratuítas para a Ruta da Prata. E por suposto, como en anos anteriores, por cada tres rutas concederase un crédito de libre configuración (ata un máximo de dous).

    Inscricións
    >Prazo: A data límite de inscrición será o martes anterior a cada saída.
    >Lugar: No Servizo de Deportes de calquera dos tres campus.

    Prezos
    >Por unha ruta:
    Comunidade universitaria: 8 €
    Usuarios externos: 13 €
    >Por 5 rutas:
    Comunidade universitaria: 35 €
    Usuarios externos: 55 €
    >Polo conxunto de 11 rutas:
    Comunidade universitaria: 65 €
    Usuarios externos: 100 €

    Vantaxes
    >Créditos de libre configuración:
    Por cada 3 rutas, un crédito (ata un máximo de dous créditos).
    >Agasallos:
    >>Por unha ruta: a Guía das Rutas Culturais.
    >>Por 3 ou máis rutas: unha camiseta conmemorativa.
    >>Por 6 ou máis rutas: sorteo de dúas prazas gratuítas para a Ruta da Prata (Só Universitarios)

    Horarios
    >Saídas desde o campus de Ourense (Cafetería Bekas) ás 09.00 h.
    >Regreso ao punto de partida sobre as 19.00 h.
    >Haberá autobuses gratuítos para trasladar ata Ourense aos participantes de Pontevedra e Vigo.

    Recomendacións
    >Os participantes levarán a súa propia comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas...) en todas as rutas.
    >Aconséllase levar unha mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, muda completa (calcetíns de reposto), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra.

    Podes consultar no arquivo asociado todo o programa de saídas previstas para o curso 2009/2010.

    link: http://www.deportes.uvigo.es/novedades_ficha.asp
    yo@n@
    yo@n@
    moderador
    moderador


    Cantidad de envíos : 923
    Reputación : 1
    Fecha de inscripción : 28/04/2009
    Edad : 35
    Localización : pontevedra

    Rutas culturais curso 09/10 Empty Re: Rutas culturais curso 09/10

    Mensaje por yo@n@ Sáb Nov 06, 2010 11:51 pm

    jajjajaa alaaa loli, iso fixen eu fun a 3 rutas!!! e ainda estou esperando o credito de libre elección jaja

      Fecha y hora actual: Mar Mayo 14, 2024 12:04 pm